DATOS SOBRE COMPOSITORES

Neste apartado iremos coñecendo a vida, as composicións e algunhas curiosisdades dos grandes músicos.Deixarei algúns enlaces moi bos para atopar información

MOZART

Neste enlace podedes atopar unha interesante páxina para achegarnos a este xenial compositor.

BEETHOVEN

Esta é unha pequena presentación onde podedes atopar as respostas para facer o traballo sobre Beethoven. A información está relacionada con algúns feitos e momentos importantes deste compositor. Tamén vos deixo uns enlaces onde hai información engadida sobre a situación política e social do século XVIII.Podedes ver outras dúas entradas onde hai unhas presentacións sobre esta época.

VIDEO DUNHA EMOTIVA PEZA DE BEETHOVEN “CLARO DE LÚA”

SE ESTADES INTERESADOS POLA BIOGRAFÍA DESTE COMPOSITOR AQUÍ TEDES UN RESUMO DA SÚA VIDA.

Estes son algúns vídeos dalgunhas obras de Beethoven

VERSIÓN ROCK DA SINFONÍA “PATÉTICA”

VERSIÓN ORIGINAL

CAMILLE SAINT-SAËNS

Durante este mes estivemos traballando con este compositor e aprendemos sobre a súa vida. Traballamos cunha das súas obras máis coñecidas “O entroido dos animais”. Fermosa obra que utilizamos na aula como recurso e como actividade motivadora para outras materias.

Unha das páxinas máis utilizadas, xunto ós vídeos, foi a que a continuación podedes atopar no título da obra:

O ENTROIDO DOS ANIMAIS (EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES)

A ARMÓNICA DE CRISTAL

A armónica de cristal foi  inventada por Benjamin Franklin en 1761 inspirado polo son que emiten as arpas de cristal (copas de cristal que, dependendo da cantidade de auga que conteñan, emiten determinada nota ó ser  o seu borde rozado coas  xemas dos dedos húmidas).
Componse de varios pratos de cristal superpostos e aliñados en torno a un eixe central que xira movido por unha correa conectada a un pedal. Ó mollar os dedos e rozar o cristal, produce o mesmo efecto sonoro cas arpas de cristal.
A armónica de cristal, pese a que músicos como Mozart, Beethoven o Richard Strauss compuseron piezas para o instrumento, non tivo ningún éxito, de feito foi prohibida por que se dicía que causaba “loucura, depresión e problemas bilóxicos”.O musicólogo alemán Friedrich Rochlitz escribía no periódico musical “Allgemeine Musikalische Zeitung” que “a armónica estimula en exceso os nervos e sumerxe ól músico nunha acuciante depresión e, polo tanto, nun escuro e melancólico humor que acaba levándoo a unha lenta auto-destrucción. Se sofre dalgún desorden nervoso, no debería tocalo; se aínda  nno se atopa enfermo, non debería tocalo; se se atopa melancólico non debería tocalo”.
Agora  sabese que estes posibles efectos secundarios de interpretar música co instrumento poderían deberse á cantidade de chumbo coa que se fabricaba o cristal e non polos efectos directos do seu son.
No seguinte vídeo podedes ver e escoitar a William Zeitler interpretando a pieza H“La Danza del hada de Azúcar” de “El Cascanueces” de Chaikovski, peza que foi composta para este instrumento.

Tamén CAMILLE SAINT- SAËNS  O UTILIZOU  NO  “Carnaval de los Animales”.

MUSICOGRAMA DO ELEFANTE

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: