A MÚSICA DA NOSA TERRA:GALICIA

É OBRIGADO TER UN APARTADO ADICADO A MÚSICA DE RAÍCES.A CULTURA É PARTE DA NOSA IDENTIDADE, ALGO QUE DEBEMOS COIDAR E APRENDER PARA NON ESQUECELO  

ADEMÁIS TAMÉN NOS ACHEGAREMOS A OUTRAS CULTURAS QUE TAMÉN SON ENRIQUECEDORAS NUNHA SOCIEDADE TAN INDIVIDUALISTA.  

  

   

PEQUENA PRESENTACIÓN ONDE SE RESUME DE FORMA ESQUEMÁTICA A RELACIÓN ENTRE OS MUÍÑOS E A CULTURA GALEGA  

OS MUÍÑOS.  

ESTE É  UN  PEQUENO VÍDEO SOBRE  OS  MUÍÑOS E O  SEU FUNCIONAMENTO.                              

Funcionamento dun muíño de auga

 

O LIÑO

Dentro das actividades musicais relacionadas coas costumes e actividades agrícolas en Galicia, aparece o cultivo do liño.

Na actualidade o proceso é moi diferente  ó da súa orixe.O proceso que vai dende a sementeira ata a elaboración do tecido,hoxe en día faise de forma mecanizada.Sen embargo, o cultivo e tratamento do liño foi parte importante da nosa cultura, xa que desa actividade agrícola saíron melodías, cantigas, refráns,lendas, historias…….

Por esta razón os nenos/as do século XXI deben coñecer esta planat e a súa relación coa cultura galega.                                       

Nesta presentación preséntovos un pequeno traballo que resume o proceso de elaboración do liño e algunhas páxinas moi interesantes que podedes ollear.

 TRABALLO_DE_INVESTIGACION_SOBRE_A_MUSICA_

 PRESENTACIÓN EN POWER POINT

Hai unha páxina na rede que se chama ORELLA PENDELLA, a que me gustaría felicitar polo seu trballo, onde podedes atopar artigos sobre a música galega na escola.

No colexio onde eu traballo SAGRADA FAMILIA ALDAN , estamos a realizar actividades de música relacionadas coa tradición galega.

1-Levamos a cabo un traballo ilustrado sobre o conto de SErgei Prokofiev “PEDRO E O LOBO”.Baixo o vídeo que subimos a Internet.

2-Os alumnos/as de 3º primaria falamos dos romances e da función que tiveron os cegos, como xograres que transmitían de xeito oral historia e lendas.

Como exemplo traballamos coa historia do “testamento do gato”, que ilustraron os nenos.Foi un traballo interesante que realizamos en pequenos grupos,onde foi moi importante poñerse de acordo e traballar na aula cun material común.Irei poñendo a historia en días posteriores a estas vacacións.

3-Os alumnos de 6º fixeron un traballo de investigación sobre os grupos galegos actuais e sobre os instrumentos tradicionais.Falamos da orixe da gaita, e dos grupos tradicionais.Deixo algúns enlaces que falan deste tema.Información sobre diferentes tipos de gaita no mundo

4-Utilizamos músicas e composicións de moitos grupos para expresarnos mediante o baile.Temas de:

                      XOSÉ MANUEL BUDIÑO: COMPAÑEIRO DE ESTUDOS E GRANDIOSO GAITEIRO QUE NOS AMOSA UNHA ALTERNATIVA  OS SONS TRADICIONAIS

                      MILLADOIRO:INCONFUNDIBLES E SOPORTE IMPORTANTE DA MÚSICA ACTUAL

                      XOCHIMILCA

                      XISTRA DE  CORUXO

                      BERROGÜETO: BELEZA INFINITA E TRANSMISORA DE BOAS SENSACIÓNS

                     LORENA MACKENNITT:UN ANXO CUNHA VOZ DIVINA E UNHAS MELODÍAS QUE NOS LEVA O´S TEMPOS MÁIS ANCESTRALES.

                                                                          ESTE É  UN VÍDEO DE LORENA, A CAL TIVEN A OPORTUNIDADE DE ESCOITALA NA PRAZA DA QUINTANA NO ANO 2008.UN MARCO INCOMPARABLE PARA UNHA VOZ

                                                                          ÚNICA E INCONFUNDIBLE.

TODAS AS EXPRESIÓNS MÚSICAIS TEÑEN UNHA ORIXE NO TEMPO,MIXTURA DE TODAS QUE POR ALÍ PASARON.CONSECUENTEMENTE OS INSTRUMENTOS SOFREN UN PROCESO DE EVOLUCIÓN DENDE A SÚA ORIXE ATA A ACTUALIDADE.IREI DEIXANDO INFORMACIÓN SOBRE OS INSTRUMENTOS QUE SE UTILIZAN NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.PARA EMPEZAR DÉIXOVOS ESTA PÁXINA DE INTERÉS QUE FAI UNHA CLASIFICACIÓN INTERESANTE DOS INSTRUMENTOS ANTIGOS.

TAMÉN PODEDES ENTRAR NESTA WEBQUEST PARA XOGAR E APRENDER SOBRE A MÚSICA FLOK.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESCRITOR LETRAS GALEGAS 2010Durante estas semanas estiven traballando arredor da figura de Uxío Novoneyra,o poeta do Courel.Busquei poemas que fosen cantados por algún intérprete de música galega, e dei atopado unha páxina que facía moito tempo que estaba buscando:son de poetas.Nela podedes atopar poemas cantados da literatura galega, o grupo ou intérprete que a canta e o autor do poema.
O material musical que utilicei no día das Letras Galegas foron,por unha parte o poema cantado por Emilio Cao, unha adaptación que fixemos na escola de “Fiandeira namorada” coa música de “axéitame a polaíña”(Luar na Lubre) cantamos a canción baseada no conto de “a princesa do Corel” sacado de “CONTOS E CANTOS” e finalmente o himno galego que tocamos con frauta, guitarra acústica teclado e instrumentos de pescusión.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: